Entroido Redondela 2013

Programa Entroido Redondela 2013

O sábado, 9 de febreiro, comezará a celebración do Entroido 2013 no concello de Redondela. A programación inclúe celebracións durante tres días: sábado, domingo e martes.

O mesmo sábado ás 17:30 h, realizaranse talleres infantís para os máis cativos. A rapazallada poderá aprender a realizar máscaras e técnicas de maquillaxe, e tamén gozarán creando figuras con globos mediante técnicas de globoflexia.

O domingo 10 celebrarase o tradicional desfile de comparsas a partir das 18:00 h, que terá o seu punto de reunión e saída no Campo da Feira, para percorrer despois as principais rúas do concello.

O martes, 12 de febreiro, haberá unha actuación especial para o público infantil, ás 17:30 h, na Praza da Constitución, a cargo do grupo infantil “Las Pamisuki», e a esa mesma hora o grupo Percusión Aperta percorrerá coa súa música as rúas da vila, dando inicio ao desfile de disfraces.
Ás 18:00 h comezará a actuación da orquestra Ismael, e como colofón ás celebracións do Entroido haberá unha festa, a partir das 20:30 h, na que se levará a cabo a Queima do Meco.
Turismo Galicia