FIOT Carballo 2012

Festival internacional outono teatro Carballo FIOT 2012

A organización do Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT 2012, informa dos prezos dos bonos, minibonos e entradas, así como do sistema de venda, que ten sido modificado para a XXI edición do festival.

Estará xestionado co sistema de televenda da páxina web , de Nova Galicia Banco, e a través do número de teléfono 902 504 500. A venda de localidades principia coa venda de bonos, o martes 25 de setembro a partir das 9.00 horas.

PREZOS: ESPECTÁCULOS DO AUDITORIO

PREZO DA ENTRADA

«O método Gronhölm» (día 12), «En alta mar» (día 13), «A función do tequila» (día 20), «Acto cultural» (día 26) e «Viaxe a ningunha parte» (día 27): 6€

«Contra el viento del norte» (día 7): 10€

«El Montaplatos» (día 19): 12€

«Juicio a una zorr»a (día 21): 15€

«El Nacional» (día 31): 18€

PREZO DOS BONOS (para asistir a todas as funcións do auditorio): 62€

Prezo reducido do bono para estudantes con carné de estudantes, maiores de 65 anos e parados (presentando documentos que acrediten a súa condición): 55€

A función de «O método Gronhölm» incluída no bono é a do día 11.

Resérvase unha zona determinada para os bonos. Poñerase á venda un total de 160 bonos.

PREZO DOS MINIBONOS

MINIBONO A: días 7, 12, 13 e 19 de outubro: 30€

MINIBONO B: días 20, 21, 26, 27 e 31 de outubro: 46€

Resérvase unha zona determinada para os minibonos. Poñerase á venda un número limitado de minibonos.

PREZOS: CICLO OTNI

PREZO DA ENTRADA

– Entrada 3€ : «Decamerón» (dia 14), «Calla y come» (dia 25) e «Fingir» (dia 28).

PUNTOS E DATAS DE VENDA:

BONOS: web servinova ou no teléfono 902 504 500

– Do 25 de setembro a partires das 9.00 horas ao 2 de outubro

MINIBONOS: web servinova  ou no teléfono 902 504 500

– Minibono A: Do 1 ao 5 de outubro

– Minibono B: Do 1 ao 17 de outubro

ENTRADAS SOLTAS (Programa de sala e Ciclo OTNI):

– Desde o día 1 de outubro ata o día antes de cada función:

web servinova ou no teléfono 902 504 500

– Día da función: de 19.30h a 21.00h na taquilla do Pazo da Cultura

Turismo Galicia